martes, 6 de diciembre de 2011

Cando Europa descubriu o mundo ( Río Nilo )

As beiras do río Nilo estiveron poboadas desde as orixes históricas e, a partir de entón, exipcios primeiro e gregos e romanos despois, intentaron descubrir sen éxito cal era a súa lonxitude real. Non foi ata o século XVII cando un grupo de misioneiros xesuítas españois descubriron o nacemento do Nilo Azul,situado nunha remota paraxe do Macizo Etíope pero a orixe do Nilo Branco seguía a ser un misterio.
O achado das fontes do Nilo Branco tivo que agardar dous séculos, en 1856, a Royal Geographical Society organizou unha expedición para encontrar tan remota rexión.Durante dous anos Burton e Speke intentaron sen éxito dar co nacemento do río pero na súa ruta descubriron os lagos Victoria e Tanganika.
Foi outro célebre explorador, o doutor Livingstone, quen descubríu o nacemento do Nilo uns anos máis tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario